¿Que é Rumbo a Gaza?
É unha iniciativa “de sociedade civil a sociedade civil” impulsada por persoas de diferentes cidades do estado español que queren manifestar a súa solidariedade coa poboación de Gaza dunha maneira activa e eficaz; rompendo o inxusto embargo que mantén afogada á poboación. Entre estas persoas encóntranse os activistas Manuel Tapial e Laura Arau, que recentemente participaron na Flotilla da Liberdade, así como persoas vencelladas a organizacións sociais, políticas, sindicais, culturais e filantrópicas.

2, 200, 2.000

O obxectivo desta iniciativa é coñecer a realidade cotiá que a poboación de Gaza vive en primeira persoa. Para iso marcámosnos o obxectivo de acadar 2 barcos que poidan albergar a 200 persoas e 2.000 toneladas de axuda humanitaria, que será entregada á UNRWA trala nosa chegada a Gaza para que xestione a súa distribución. Entre as persoas que xa se comprometeron a acompañarnos nesta travesía atópanse actores, periodistas, escritores, músicos, sindicalistas e activistas sociais que coa súa presencia, comprométense a denunciar a insostible situación á que está sometida a poboación da franxa de Gaza.

¿Como participar?

Sen dúbida algunha “Rumbo a Gaza” precisa de tódolos apoios que poida atopar. A idea inicial é mercar dous barcos que poidan saír dun porto español con destino a Gaza. Para acadar este obxectivo é necesario o compromiso dun sector amplio da sociedade, que a través de donacións, o fagan posible. Para facer estas donacións habilitouse un número de conta,

SWIFT: CLPEES2M – IBAN: ES17

CCC: 3035 0395 16 3950002133

no que facer os ingresos co concepto “apoio Campaña Rumbo a Gaza”.

Tamén se habilitarán diferentes tipos de “bonos de apoio” para colaborar a mercar o material que pretendemos levar ós barcos e que axiña se colocarán nesta páxina web. Dende o més de outubro e ata o mes de maio de 2011 desenrolaránse diferentes campañas e actividades co obxectivo de apoiar á poboación palestina e á súa vez, a campaña Rumbo a Gaza. Todas estas campañas de sensibilización e as actividades puntuais que se programen serán difundidas nesta web.

  • RSS
  • Facebook Rumbo a Gaza
  • Twitter
  • Youtube Canal Rumbo a Gaza
  • Vimeo Canal Cultura i Pau
  • Galería de Rumbo a Gaza

Agenda

Mayo  2012
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
   
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31