RUMBO A GAZA
É unha iniciativa “de sociedade civil a sociedade civil” impulsada por persoas de diferentes cidades do estado español que queren manifestar a súa solidariedade coa poboación de Gaza dunha maneira activa e eficaz; rompendo o inxusto embargo que mantén afogada á poboación. Entre estas persoas encóntranse os activistas Manuel Tapial e Laura Arau, que recentemente participaron na Flotilla da Liberdade, así como persoas vencelladas a organizacións sociais, políticas, sindicais, culturais e filantrópicas.
2, 200, 2.000
O obxectivo desta iniciativa é coñecer a realidade cotiá que a poboación de Gaza vive en primeira persoa. Para iso marcámosnos o obxectivo de acadar 2 barcos que poidan albergar a 200 persoas e 2.000 toneladas de axuda humanitaria, que será entregada á UNRWA trala nosa chegada a Gaza para que xestione a súa distribución. Entre as persoas que xa se comprometeron a acompañarnos nesta travesía atópanse actores, periodistas, escritores, músicos, sindicalistas e activistas sociais que coa súa presencia, comprométense a denunciar a insostible situación á que está sometida a poboación da franxa de Gaza.
¿Como participar?
Sen dúbida algunha “Rumbo a Gaza” precisa de tódolos apoios que poida atopar. A idea inicial é mercar dous barcos que poidan saír dun porto español con destino a Gaza. Para acadar este obxectivo é necesario o compromiso dun sector amplio da sociedade, que a través de donacións, o fagan posible. Para facer estas donacións habilitouse un número de conta, /SWIFT: CLPEES2M – IBAN: ES17 – CCC: 3035 0395 16 3950002133, no que facer os ingresos co concepto “apoio Campaña Rumbo a Gaza”.
Tamén se habilitarán diferentes tipos de “bonos de apoio” para colaborar a mercar o material que pretendemos levar ós barcos e que axiña se colocarán nesta páxina web. Dende o més de outubro e ata o mes de maio de 2011 desenrolaránse diferentes campañas e actividades co obxectivo de apoiar á poboación palestina e á súa vez, a campaña Rumbo a Gaza. Todas estas campañas de sensibilización e as actividades puntuais que se programen serán difundidas nesta web.
Quen somos
Rumbo a Gaza é unha iniciativa “de sociedade civil a sociedade civil” impulsada por persoas de diferentes cidades do estado español que queren manifestar a súa solidariedade coa poboación de Gaza dun xeito máis activo e eficaz; rompendo o inxusto embargo que mantén afogada á poboación. Entre estas persoas atópanse os activistas Manuel Tapial y Laura Arau, que recentemente participaron na flotiña da liberdade (Flotilla de la Libertad), así como persoas vencelladas a organizacións sociais, políticas, sindicais, culturais e filantrópicas.
GRUPOS DE APOIO
A iniciativa Rumbo a Gaza conta desde a súa orixe con diferentes grupos de apoio que se foron constituíndo en toda la península ibérica; desde Cádiz até a Galiza, e desde Catalunya até Lisboa. Cremos necesaria a implicación masiva da sociedade civil para este proxecto camiñar de xeito sólido e autosuficiente, polo que vos convidamos a creardes grupos de apoio aí onde aínda non existan. O obxectivo dos grupos de apoio consiste en difundir e dinamizar a iniciativa Rumbo a Gaza e as campañas asociadas a esta iniciativa. Tamén resulta importante que estes grupos traballen de xeito autónomo, creando dinámicas propias de acción axeitadas á súa propia realidade contextual co obxectivo de lograr implicar o maior número de persoas nas campañas a desenvolver. Rumbo a Gaza somos tod@s!
Podes contactar cos el grupo de apoio info@rumboagaza.org.
A COALICIÓN
No ano 2009 formouse a Coalición da Flotilla da Liberdade que tiña como o seu principal obxectivo romper o bloqueo a Gaza por mar. Os fundadores da devandita coalición foron a Coalición Europea Contra o Bloqueo a Gaza, Ship to Gaza Greece, Ship to Gaza Sweden, IHH Insani Yardim Vakfi, Palestinian Solidarity Campaign e Free Gaza Movement que comezaron a traballar para poder enviar a Gaza unha flota de barcos na primavera do ano 2010.
Debido ao ataque ilegal que Israel cometeu contra a Flotilla da Liberdade no mes de maio de 2010, a Coalición da Flotilla da Liberdade continua a traballar para rematar co bloqueo a Gaza e outras políticas ilegais perpetradas contra o pobo palestino. A Coalición viuse aumentada nos últimos meses por novos membros provenientes de Italia, Suiza, Francia, Holanda, España, Canadá, Noruega, Bélxica, Australia, Austria, Malasia, Irlanda, Estados Unidos e outros países, todos eles a traballar para enviar un ou máis barcos a Gaza na próxima Flotilla da Liberdade II. O referente da Coalición no Estado español é “Rumbo a Gaza”.
O decálogo que sustenta a Coalición da Flotilla da Liberdade baséase nos seguintes puntos:
1. Respectamos os dereitos humanos de todos, sen distinción de raza, xénero, tribu, relixión, etnia, nacionalidade, orientación sexual, cidadanía ou lingua.
2. Os habitantes lexítimos dos territorios ocupados por Israel dende 5 de xuño de 1967, incluidos os refuxiados que non poden voltar aos seus fogares na Palestina lexítima, deben ter acceso sen restriccións ás augas internacionais e ao espazo aéreo, e téñense que cumprir todas as resolucións das Nacións Unidas e o dereito internacional.
3. Os habitantes lexítimos dos territorios ocupados por Israel dende o 5 de xuño de 1967 deben ser liberados da ocupación e teñen que poder exercer o dereito de controlar todas as entradas e saídas cara e desde estas áreas, sen a interferencia israelí.
4. Nun primeiro paso cara unha paz xusta e duradeira, Israel debe retirar a súa presenza militar de todos os territorios ocupados dende o 5 de xuño de 1967 e revogar todas as leis, regulamentos, directrices e prácticas que se aplican de xeito diverso ás diferentes poboacións que viven nestes territorios.
5. Israel debe derrubar todas as barreiras construidas para restrinxir o paso en todos os territorios ocupados por Israel desde 5 de xuño de 1967.
6. Israel debe recoñecer os dereitos fundamentais á igualdade plena dos cidadáns árabe-palestinos de Israel.
7. Estamos de acordo en nos adherir aos principios da non violencia e á resistencia non violenta de palabra e feitos, en calquera momento.
8. Somos solidarios co pobo palestino, pero non apoiamos a ningún partido político ou organización, sen excepción.
9. Recoñecemos o dereito de todos os refuxiados palestinos e dos exiliados e dos seus descendentes a voltar de inmediato aos seus fogares en Israel e aos territorios palestinos ocupados, para recuperar as súas propiedades e obter unha indemnización por danos, desaloxos e polo uso ilexítimo dos devanditos bens, de conformidade co dereito internacional. Esto é sobre todo un dereito individual e colectivo, non é negociable, soamente pola persoa en cuestión.
ADHESIÓNS
Queremos manifestar o noso apoio a esta iniciativa que xurde dende a sociedade civil, da que nos sentimos parte e representados, así como apoiamos a saída de barcos con axuda humanitaria desde os portos españois con destino a Gaza. Cremos firmemente que este tipo de iniciativas contribúen decisivamente a mellorar as condicións de vida da poboación palestina, a parte de denunciar a ocupación dos seus territorios por parte de Israel e a vulneración continua dos Dereitos Humanos do pobo palestino.
Dada a extrema situación que vive a poboación de Gaza e a pouca vontade mostrada polos gobernos europeos para poñer fin a esta situación, cremos de vital importancia que a sociedade civil promova este tipo de iniciativas que pon de manifesto o desexo xeneralizado de garantir o libre acceso de materiais de construción, alimentos, medicamentos e material escolar á franxa de Gaza, e rematar así co inxusto e ilegal bloqueo que Israel impuxo á poboación civil.
Para unirse enviar a seguinte información a info@rumboagaza.org.
Nome e apelidos (obrigatorio)
Tu email (obrigatorio)
Profesión
Organización ou colectivo (no caso de que se represente a algún)
Olle a lista de adhesións aquí.








